Cata de tempada da Lamprea no novo local social de Vitislucus

Cata de tempada da Lamprea no novo local social de Vitislucus

A asociación Vitislucus celebra, no seu novo local social, unha cata de tempada centrada na lamprea

Vitislucus é unha asociación que reúne a expertos do análisis sensorial e o enoturismo. Nace en Lugo no ano 2005, como un club de cata, que foi ampliando seus horizontes por toda a comunidade galega ata a actualidade.

O local atópase na Rúa Nova, 7 en Lugo.

Esta asociación lucense especializouse ademais de en cata de viños, en agroalimentación e formación. Participando en eventos nacionais e internacionais, así como en paneles de cata profesionais de Galicia e de Consellos Reguladores das distintas Denominacións de Orixe.

Este xoves 1 de marzo, dende seu novo local social ofrece unha cata de tempada, coincidiendo coa tempada da lamprea. Estará presente Begoña do Obrador de Lamprea, que pertence á 3ª xeración de expertos en lamprea. Amosará súas creacións en aceite de oliva, así como platos a partir de bacallau con figos e noces.

A maridaxe da lamprea será cun espumoso das Rías Baixas, un albariño e unha maravillosa gama de monovarietais elaboradas en Señorío de Rubios.

O precio será de 15 euros para os socios e, 20 para as persoas que queiran disfrutar da cata, pero non sexan socios.

Comparte...