Importantes catadores internacionais visitan a D.O. Ribeiro

Importantes catadores internacionais visitan a D.O. Ribeiro

Máis de 25 importantes catadores internacionais, que forman parte do xurado profesional do IX Concurso Internacional de Tempranillos al Mundo e o I Certamen Internacional de Vinos Blancos Gallegos, coñeceron de primeira man os viños, gastronomía e paisaxes da D.O. Ribeiro a través dun recoñecemento pola súa capital, Ribadavia. Durante a visita, os expertos puideron probar 23 viños brancos e 16 tintos nunha cata que tivo lugar na igrexa da Madalena, e na que estiveron acompañados por persoal da C.R.D.O. Ribeiro e os presidentes da Federación Española de Asociaciones de Enólogos e a Asociación Galega de Enólogos, Santiago Jordi e Luis Buitrón.

O IX Concurso Internacional de Tempranillos al Mundo e o I Certamen Internacional de Vinos Blancos Gallegos, que se celebran estes días na cidade de Ourense, conta cun elenco de catadores de primeiro nivel mundial; e o respaldo da Unión Internacional de Enólogos e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Comparte...