CONCURSO DE CATADORES AMADORES NO DÍA DO ENOTURISMO

CONCURSO DE CATADORES AMADORES NO DÍA DO ENOTURISMO

O domingo 11 de novembro, Día Europeo do Enoturismo, celebrouse na Ruta do Viño Rías Baixas cun amplo programa de actividades.

O Salón José Peña de Cambados acolleu o Primeiro Concurso de Catadores Amadores. Unha actividade moi divertida e gratuíta aberta a todo o mundo na que persoas afeccionadas recibiron nocións de como catar e mostraron as súas destrezas na degustación de viños D.O. Rías Baixas, de máis de 30 adegas da Ruta do Viño Rías Baixas.

Ademais, algunhas adegas acollidas á Denominación realizaron unha xornada de portas abertas. Foron Mar de Frades, Aguiuncho, Palacio de Fefiñanes, Martín Códax, Zárate, Adega Eidos e a Quinta de San Amaro, hotel-restaurante.

Por outro lado, outras entidades ofreceron descontos especiais durante a xornada.

Comparte...