Novas catas na Bodeguilla de San Lázaro, en Santiago

Novas catas na Bodeguilla de San Lázaro, en Santiago

Viños godello de Bodegas Godeval desde Valdeorras; albariños de Adegas Castro Brey no Ulla; e xamón de Guijuelo de Jamones Aljomar conforman a oferta

A Bodeguilla de San Lázaro en Santiago de Compostela retoma o seu calendario de actividades gastronómicas esta semana.

O mércores 24 será tempo dunha cata vertical que permitirá seguir a evolución do albariño Sin Palabras de Adegas Castro Brey, dende 2009 ata 2013. Unha oportunidade para achegarse a este viño da subzona do Ulla da Denominación de Orixe Rías Baixas con Ramón Blanco Lobeto como guía; e a un prezo de 5 euros.

O xoves 25 de setembro, os viños Valdeorras de Godeval e o xamón ibérico serán os protagonistas.

Araceli Fernandez, xerente de bodegas Godeval, presentará a última colleita dos seus godellos: Godeval e Godeval Cepas Vellas, dende as 20:30 horas. A continuación chegará un curso de cata e corte de xamón ibérico, da man de Jamones Aljomar. O experto cortador José Míguez será o encargado de levar a actividade e amosar os segredos desta arte gastronómica.

As dúas actividades teñen un prezo de 10 euros e 25 prazas dispoñibles que precisan de confirmación previa.

Entrevista a Araceli Fernández en Benbo

Comparte...