Desvelados os mellores viños, licores e aguardentes de Galicia, nas Catas 2016

Desvelados os mellores viños, licores e aguardentes de Galicia, nas Catas 2016

Ramón do Casar Treixadura-Albariño-Godello (D.O. Ribeiro) foi escollido como mellor branco de Galicia e Ladairo Colección de Familia (Monterrei), como mellor viño tinto

Ourense acolleu unha nova edición da gala final dos Premios das Catas dos Viños e Augardentes de Galicia, organizadas dende a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

Os viños do Ribeiro, Rías Baixas, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei, así como os distintos licores e augardentes amparados, coñeceron os gañadores tralas catas dos distintos xurados.

Ramón do Casar 2016, da Denominación de Orixe Ribeiro, recibíu o galardón como mellor viño branco de Galicia e Ladairo Colección de Familia, da Denominación de Orixe Monterrei, como mellor viño tinto

Nesta ocasión, optaron aos Premios un total de 201 viños, 128 adegas e colleiteiros das cinco Denominacións de Orixe, 13 mostras de augardentes, 10 de licores de herbas e 11 de licor café.

Na cerimonia, a conselleira Ángeles Vázquez lembrou que a Xunta achegou un total de 5,4 millóns de euros entre 2012 e 2015 para apoiar a promoción e máis a internacionalización dos viños galegos.

Listados de gañadores nas Catas de Galicia 2016

Comparte...