Catorce Colleiteiros sacaron ao mercado a súa primeira colleita nos últimos tres anos

Catorce Colleiteiros sacaron ao mercado a súa primeira colleita nos últimos tres anos

Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro realizou un estudo entre os seus 40 asociados, dos cales 14 (o 35%) sacaron xa ao mercado a súa primeira colleita nos últimos 3 anos ou este ano, incluso teñen un novo Colleiteiro (Souto Chouzo, S.L.) que sacará a súa primeira colleita ao mercado en 2018. Deses 14, un total de 4 Colleiteiros apostado polo relevo xeracional.

A colleita 2016, que sairá este ano ao mercado, trae consigo 5 novos Colleiteiros: Celme, Lagar do Chicho, Catro Ferrados, Cume do Avia y Alecrín, este ultimo por relevo xeracional de pai a fillo.

Esta cifra case iguala á da colleita de 2015. En 2016 saíron ao mercado as bodegas Viña Uzal, Quinta do Rebolo, Son de Arrieiro e Pazos de Albor, esta última tamén por relevo xeracional de pai a filla.

Este crecemento exponencial de bodegas de Colleiteiro débese principalmente a dous motivos: O baixo prezo da uva, xa que moitos eran xa viticultores, e a figura do Colleiteiro como valor en alza no mercado.

Por iso, a Asociación de Colleiteiros converteuse nun pilar básico para os seus asociados, apoiando a 10 novas Bodegas de Colleiteiros nos dous últimos anos. Grazas os convenios que firmou a asociación con Seur, Coreti y Smurfit Kappa, reduciron custes. Ademais, contratan servizos de maneira agrupada para conseguir mellores tarifas, como desfangado, embotellado,… A asociación explica que, entre eles, colaboran, préstanse maquinaria e xúntanse para facer promoción nos diferentes países. Para a promoción internacional, contan co apoio dos fondos FEDER e o IGAPE. Dos 40 asociados, a metade xa está exportando a 27 diferentes países.

Comparte...