Cea de Gala para premiar ós Grandes Oros da Guía de Vinos de Galicia 2018

Cea de Gala para premiar ós Grandes Oros da Guía de Vinos de Galicia 2018

Case 200 asistentes daranse cita hoxe para asistir á Cea de Gala que se celebrará no Hotel Finisterre de A Coruña e na que se entregarán as medallas aos Grandes Oros da Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2018,  dirixida por Luís Paadín.

Así, o evento comezará ás 20.00 h cunha degustación dos viños que foron premiados coa distinción de Grandes Oros e ás 21.30 h. terán lugar a esperada entrega de distincións e a cea de gala cos máis de 45  adegueiros galegos presentes no evento. A Cea de Gala dos Grandes Ouros celébrase anualmente para premiar e poñer en valor a calidade dos viños de Galicia.

Ademais constitúe unha gran oportunidade para catar os viños premiados (algúns xa esgotados) e poder coñecer máis de preto o sector da man dos profesionais do mesmo.  Así algúns dos viños recoñecidos pola Guía foron, entre outros, Trasdovento 2016,  Fefiñanes III Ano 2014,  Avancia 2016, La Mar 2014 ou Capricho 2015, cuxos responsables estarán presentes na Cea de Gala organizada pola Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2018.

Comparte...