dav

Cervexa Faxilda, medalla de bronce no Barcelona Beer Challenge

Cerveceira Faxilda, con fábrica en Vilaboa (Pontevedra), gañou unha medalla de bronce no Barcelona Beer Challenge, unha competición cerveceira de alto nível que evalúa cervexas de todo o mundo e recoñece as cervexas que cumpren cos máis elevados estándares de calidade. Ao concurso presentáronse máis de 800 cervexas procedentes de 17 países diferentes.

Os premios das máis de 40 categorías que entraron en concurso outorgáronse nunha cerimonia, o pasado 25 de marzo, dentro do marco de actos do Barcelona Beer Festival, festival de referencia no Sur de Europa que atrae a 40.000 visitantes anualmente. As cervexas gañadoras deste evento foron seleccionadas por xuíces acreditados internacionalmente que realizan a avaliación durante un mínimo dunha hora por cada cervexa valorada.

En 2016, a cerveceira obtivo o seu primeiro recoñecemento neste mesmo certame internacional, medalla de bronce a súa cervexa Faísca na categoría de Irish Beer. Este ano levou o premio na categoría de Soured Fruit Beer co seu Albariño Saison, unha cervexa de estilo Saison, edición especial, elaborada con zume de uva albariño seleccionada.

Cervexa Faxilda leva no mercado desde hai pouco máis de dous anos e neste tempo sacaron sete referencias, dúas das cales foron premiadas.

Comparte...