A cervexa Keltius amplía o seu proxecto de internacionalización

A cervexa Keltius amplía o seu proxecto de internacionalización

As próximas paradas da xira da cervexa Keltius están en América e Asia

Tras a entrada da fábrica galega en mercados internacionais como Suecia, Suíza, Holanda, Reino Unido ou Portugal, a cervexa galega Keltius continúa o seu proxecto de internacionalización amparado polo programa ABFGo do ArtBeerFest de Portugal, que durará ata finais de 2017.

A cervexeira galega regresou de Varsovia tras a súa participación no Warszawski Festival Piwa, o evento cervexeiro máis importante de Polonia onde presentou oficialmente os seus produtos en distribución no devandito país. As próximas paradas desta xira atópanse en América e Asia.

Comparte...