Champán e caviar no restaurante Acio

Champán e caviar no restaurante Acio

Champán e caviar serán os protagonistas, xunto coa cociña de Iago Castrillón, das experiencias gastronómicas que ofrece o compostelán restaurante Acio o próximo 24 de abril e que contan con tres apartados destinados á cata de champáns, a degustación de caviar con champán e a cea maridada co espumoso francés.

Na cata, dirixida por Phillippe Cesco  e Eva Pizarro, degustaranse Bereche Valle del Marne, Doquet Le Mesnil 2002, Lassaigne 2005 y Selosse Lieu Dit.

O Selosse 2003 será o viño que acompañe á degustación do caviar Starling Royal e, finalmente, Iago Castrillón elaborará un menú de cena especial maridado cos espumosos Lassaigne Vignes de Montgueux, Pascal Doquet Grand Cru, Bereche Rosado y Vincent y Rafael Bereche Terroir de AY Magnum 1999.

O prezo conxunto das tres actividades é de 160 euros, pero tamén se poden reservar independentemente con presos entre 40 e 75 euros.

Comparte...