Charla informativa sobre seguros agrarios no sector vitivinícola promovida pola D.O. Monterrei

Charla informativa sobre seguros agrarios no sector vitivinícola promovida pola D.O. Monterrei

Hoxe, luns 13 de novembro, a partir das 19 horas, terá lugar unha charla informativa sobre a contratación de seguros agrarios no sector vitivinícola.

A mesma realizarase na Casa da Cultura de Verín (Irmáns da Salle, s/n) e será impartida por Nicasio Mejuto –S.X. de Explotacións Agrarias da Consellería de Medio Rural-, Víctor Novo –xefe de servizo se Sanidade e Produción Vexetal-, Ramón Martín –director territorial Noroeste de Agroseguro– e Jesús Gregorio García –xefe de estudos e investigacións en producións agrícolas e forestais de ENESA (Entidade Estatal de Seguros Agrarios)-.

Dita iniciativa informativa foi promovida dende o C.R.D.O. Monterrei e a Consellería do Medio Rural, trala reunión mantida polo grupo de traballo creado ao efecto dentro da Comisión Territorial de Seguros Agrario. Este grupo está conformado por técnicos de Medio Rural, Consorcio de Compensación de Seguros, Agroseguro, ENESA, Delegación de Goberno en Galicia, organizacións profesionais agrarias, Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia e representantes das denominacións vitivinícolas galegas, entre as que se atopa Monterrei.

Esta campaña divulgativa está dirixida ao viticultores e adegueiros, e buscar facilitar información sobre a contratación de seguros agrarios, así como liquidar todas as dúbidas existentes neste ámbito entre todos os que acudan a esta iniciativa. “A finalidade é poder ofrecer información aos viticultores da nosa comarca, sobre todas aquelas cuestións relativas á subscrición de contratos de seguros agrarios, coa intención de que ninguén por descoñecemento ou falta de información non subscriba  un seguro que poida ser do seu interese”, indica a presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara da Silva.

 

Sobre a D.O. Monterrei

A de Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas. Confórmana 26 adegas do val de Monterrei, que abarca os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oimbra, e Castrelo do Val. Os viñedos desta D.O. ocupan un total de 566 hectáreas de territorio nas que traballan 426 viticultores.

Comparte...