O chef coruñés Luis Veira logra o 3º posto no Mercado de Sabores de Mahou

O chef coruñés Luis Veira logra o 3º posto no Mercado de Sabores de Mahou

O chef coruñés Luis Veira, do restaurante con Estrela Michelín Árbore da Veira, logrou o terceiro posto na VI edición do Mercado de Sabores, evento gastronómico organizado por Mahou en Madrid entre o 19 e o 22 de outubro; co seu bocata de touciño, papada, costela e herbas aromáticas.

Nesta competición, Árbore da Veira competía con 19 establecimentos de distintos puntos de España entre os que se encontra o restaurante Surtopía, capitaneado polo chef José Calleja e que se alzou co primeiro premio do concurso; e o establecemento madrileño, El Jardín del Intercontinental, que se fixo co segundo premio.

Para elixir as tapas gañadoras o xurado formado por Carlos Maribona, Responsable de Vocento; Miguel Sanz, Director de Turismo do Concello de Madrid; Manuel Senante, Director da Escola de Hostelería da Cámara de Madrid; Ana Capel, Directora de Madrid Fusión e Juan Pozuelo, Asesor Gastronómico, tivo en conta a calidade e o sabor das distintas propostas.

Con este evento, Mercado de Sabores, Mahou e o Concello de Madrid a través de Madrid Destino, aa Asociación Madrileña de Empresas de Restauración (AMER) e a Asociación Empresarial de Hostelería da Comunidade de Madrid (La Viña), buscan achegar a cultura gastronómica de máxima calidade a todas as persoas e impulsar novas experiencias gastronómicas.

Comparte...