O chef galego Pepe Solla creará un receitario para Torre de Núñez

O chef galego Pepe Solla creará un receitario para Torre de Núñez

O xefe de cociña Estrela Michelin Pepe Solla será o encargado de levar o mellor dos produtos de Torres de Núñez á cociña a través dun exclusivo receitario. O cociñeiro pontevedrés xa está a deseñar 12 pratos, 1 para cada mes do ano. A base do proxecto é a exclusividade e provocación dos sentidos, intentando sorprender con novos sabores e texturas.

A empresa anunciou xa que “o receitario será o inicio dunha colaboración máis extensa que se completará con outras accións de investigación e promoción dos produtos galegos de calidade que elabora Torre de Núñez”.

A marca lucense leva máis de 40 anos comercializando produtos cárnicos. Conta con distintos certificados de calidade como o ETG, Especialidade Tradicional Garantida de Xamón Serrano e o aval de Galicia Calidade.

Comparte...