O chef Juan Crujeiras ofrece unha masterclass en ‘Espacio Mahou Coruña’

O chef Juan Crujeiras ofrece unha masterclass en ‘Espacio Mahou Coruña’

Mañá mércores, 12 de xullo, Espacio Mahou Coruña recibirá a visita de Juan Crujeiras, chef do restaurante coruñés Bido. A partir das 12:30 horas ofrecerá, na planta de Sabor, unha masterclass dirixida a alumnos da Escuela de Hostelería San Javier na que desvelará algúns dos segretos da súa cociña. Despois da clase, a partir das 13:30 horas, o público que se achegue ata o ‘Espacio Mahou’ terá a oportunidade de acompañar a súa cervexa, de forma gratuíta, cunha tapa de “Ensalada de pato e algas, escabeche emulsionado e herbas de litoral” preparada polo chef.

En marcha a promoción de Javier Veiga

O cómico galego Javier Veiga será o protagonista da próxima sesión dos ‘Diálogos entre Maestros’ que se celebrará o vindeiro xoves, 13 de xullo, e xa está en marcha a promoción para conseguir as invitacións. Os interesados teñen que achegarse a Espacio Mahou Coruña, xeolocalizarse e rexistrarse na promoción. Unha vez completados estes pasos, poderán canxear o pincode que aparece nos tercios de Mahou Cinco Estrelas ou Mahou Sin. Nese momento poderán saber se gañaron unha das 26 invitacións dobres que se sortean.

Comparte...