Dous chefs con Estrela Michelin, no Espacio Mahou Coruña

Dous chefs con Estrela Michelin, no Espacio Mahou Coruña

Mañá mércores, a planta de Sabor de Espacio Mahou Coruña recibe a dous novos chefs con Estrela Michelin. Os Cociñeiros Mahou Rafa Centeno e Inés Abril, do restaurante vigués Maruja Limón, ofrecerán a partir das 12:30 unha masterclass dirixida a medios e blogs especializados da cidade. Despois da clase, o público que se achegue ata o Espacio Mahou terá a oportunidade de acompañar a súa cervexa, de forma gratuíta, cunha tapa de autor preparada polos chefs.

Iván Ferreiro en concerto

Espacio Mahou Coruña aposta polo talento galego para o seu segundo encontro musical. Xa se desvelou, a través das redes sociais e a páxina web do propio Espacio, que Iván Ferreiro será o artista invitado o xoves 29 de xuño. Compartirá co público coruñés, entre outros, os temas do seu último traballo discográfico ‘Casa’. As invitacións xa se poden conseguir de forma gratuíta a través dunha promoción no propio Espacio Mahou e a dinámica é a mesma que se seguiu a semana pasada para o encontro musical de Sidonie. Os interesados teñen que achegarse a Espacio Mahou Coruña, xeolocalizarse e rexistrarse na promoción. Unha vez completados estes pasos, poderán canxear o pincode que aparece no ‘collarín’ dos tercios de Mahou Cinco Estrellas ou Mahou Sin.

Comparte...