Xornadas en Lugo de ciencia aplicada á cociña e á industria alimentaria “Ciencia y Cocina”

Xornadas en Lugo de ciencia aplicada á cociña e á industria alimentaria “Ciencia y Cocina”

Esta cita denominada Ciencia y Cocina desenvolverase do 29 de febreiro ao 4 de marzo

A cidade de Lugo acolle do 29 de febreiro ao 4 de marzo as xornadas Ciencia y Cocina, coa presenza, entre outros, do cociñeiro e Estrella Michelin Javier Cabrera, Juan Carlos Arboleya (Basque Culinary Center), Maruxa García Quiroga (TasteLab), Restaurante Paprica, María Ángeles Romeu (USC) e Miguel Vila, director de Benbo, medio que colabora neste evento.

Trátase dun curso orientado á aplicación de fundamentos básicos de química, física, nutrición e outras ramas da ciencia ao mundo gastronómico.

Ademais, abordaranse as ciencias sensoriais e do consumidor desde unha orientación gastronómica. A creatividade, a innovación… serán protagonistas nesta cita que quere ampliar a visión dos sistemas alimentarios.

Unha oportunidade indicada para distintos públicos como cociñeiros, hostaleiros, nutricionistas, profesionais da industria alimentaria e da tecnoloxía dos alimentos e interesados, en xeral, nestes campos.

O programa alterna clases teóricas, centradas nos aspectos básicos da ciencia que axudan a comprendermos os procesos que se dan nos fogóns, e clases prácticas e demostracións.

O prezo deste curso denominado Ciencia y Cocina é de 150 euros, 130 para estudantes e persoas en paro. Celebrarase no Instituto Sanxillao de Lugo.

Toda a información da cita está en www.cienciaycocina.com

curso-cocina-ciencia-lugo

Comparte...