Cine e gastronomía no Festival de Cans

Cine e gastronomía no Festival de Cans

A gastronomía tamén estivo moi presente no festival de cine de Cans. Os chefs de Maruja Limón, único restaurante vigués con Estrela Michelin, fusionaron cine e gastronomía, rendindo homenaxe ao sétimo arte, elaborando unha suculenta selección de ‘Tapas de Cine‘.

Nunha cociña instalada na Praza de Antonio Palacios, fronte ao Concello de Porriño, prepararon tres pratos diferentes. Para abrir boca, propuxeron un gambón á chama con pó de flocos de millo, un elemento imprescindible en calquera sala de cine, e elaboraron un segundo prato de “Ovos de Ouro“, inspirado na película de Bigas Luna protagonizada por Javier Bardem.

Para completar o menú, os Cociñeiros Mahou elixiron un Gazpacho de Pepa, inspirado no que Carmen Maura preparaba con somnífero na película de Almodóvar ‘Mujeres al borde de un ataque de nervios‘. Neste caso, non levaba ningún aditivo nocivo e o público asistente puido gozar dun prato elaborado por chefs con Estrela Michelin.

Concerto Mahou

Eladio y los Seres Queridos serán os protagonistas do segundo Concerto Mahou Cinco Estrelas do Festival de Cans, que terá lugar o sábado 27, a partir de las 20:30 horas no Espazo Mahou, instalado na Leira de Alicia, con acceso libre ao recinto. Eladio Santos, o líder da banda viguesa, é o autor da canción oficial da XIV edición do Festival, que leva por título ‘Se ti vés comigo a Cans’. Será un dos temas que interpretará en directo sobre o escenario do Espazo Mahou, xunto coas cancións do seu último traballo de estudio, ‘Cantares’ e os demais éxitos da súa traxectoria musical.

En 2016, Iván Ferreiro foi o protagonista do Concerto Mahou Cinco Estrelas e en 2017 Mahou segue apostando polo talento galego coa banda de Eladio Santos. A empresa reforza a súa colaboración co Festival de Cans aportando propostas musicais de primeiro nivel que complementan a programación do evento.

Comparte...