Cita coas filloas e o viño da Ulla das Terras de Compostela

Cita coas filloas e o viño da Ulla das Terras de Compostela

Gran sabor de boca no evento Filloas e Viño no Camiño, un evento organizado polo GDR Terras de Compostela no Parador Hostal dos Reis Católicos

Filloas, viños e turismo das Terras de Compostela centraron a xornada Filloas e Viño no Camiño, desenvolvida no Hostal dos Reis Católicos e que contou cun  showcooking de Pepe Solla e a elaboración e degustación das creacións elaboradas por filloeiras de Lestedo e máis da Baña.

Ademais de autoridades, na cita non faltaron a Asociación de Filloas da Pedra da Baña, a Asociación Cultural da Filloa de Lestedo (Boqueixón) ou a comisión organizadora da Festa do Viño da Ulla (Vedra).

O historiador Manuel Vilar Álvarez, membro do equipo redactor da Delimitación do Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía, expuso nun relatorio as súas impresións sobre o aspecto patrimonial do Camiño.

Juanjo Figueroa Treus, director técnico do Instituto Galego do Viño, falou da importancia do Camiño de Santiago como factor de cohesión das diferentes zonas vitivinícolas polas que pasa, desde París ata a mesma Compostela.

O cociñeiro Pepe Solla, pola súa banda, propuxo catro receitas a base de filloas, ao tempo que deixaba reflexións sobre estas e outros produtos da zona.

Ademais de filloas e viño D.O. Rías Baixas subzona Ribeira do Ulla, puidéronse probar e mesmo descubrir marmeladas, aceite ou queixos

Como ramo, presentarónse as festas gastronómicas dFilloa da Pedra da Baña e do Viño da Ulla. As súas datas: o domingo 11 de marzo e o 8 de abril, respectivamente.

Comparte...