Cita en Compostela para os candidatos a Nariz de Oro

Cita en Compostela para os candidatos a Nariz de Oro

Catadores de Galicia, Asturias e norte de Castela e León medirán as súas capacidades e coñecementos o martes 21 de xaneiro en Santiago de Compostela, no marco da semifinal do concurso Nariz de Oro, no que participará como xurado Xoán Cannas, que fai dez anos gañou a final do concurso que enfronta aos gañadores de todas as semifinais.

Pola mañá os catadores participantes no concurso serán xurados do concurso “Os mellores viños de España”. Realizarán a cata cega de 40 referencias. Pola tarde serán eles os que se sometan ás probas das que sairá o gañador da semifinal.

O público tamén terá o seu espazo a través de “Nariz de Oro experimenta”, onde se impartirá un taller de copas no que se mostrará como inflúe a copa na percepción do viño. Así mesmo haberá a posibilidade de catar novas anadas, viños en primicia ou variedades de uvas pouco coñecidas.

Todas as actividades celebraranse no Hostal dos Reis Católicos.

Comparte...