22 RESTAURANTES DE LALÍN COMPROMÉTENSE COA CALIDADE DO SEU COCIDO

22 RESTAURANTES DE LALÍN COMPROMÉTENSE COA CALIDADE DO SEU COCIDO

22 restaurantes de Lalín xa se comprometeron a sumarse ao procedemento de calidade que quere manteres o seu cocido nos mellores parámetros,  así como a súa inclusión no XV mes do cocido.

A listaxe, á que se sumarán proximamente novos establecementos, fórmana: Restaurante Mato, Mesón O Cruce, Restaurante A Molinera, Rest. Cabanas, Rest. Villanueva, Rest. Casa Grande de Bendoiro, Parrillada Luis, Parrillada Taboada, Hotel Restaurante Pontiñas, Rest. Don Xamón, Bar Polo, Rest. Agarimo, Taberna O Cazador, Rest. La Diligencia, Hotel Torre do Deza, Rest. Las Palmeras, Bodegón Currás, Rest. Las Vilas, Parrillada La Robleda, Rest. Mouriño, Rest. A Estación e Rest. A Taberna do Vento.

José Antonio Rodríguez, concelleiro de Turismo, apunta que “o control de calidade será realizado a través dunha enquisa numerada que os locais terán a súa disposición e que suporá o 75% de un análise que complementará un cliente cego que tamén avaliará servizo e calidade do prato, para una vez rematado o mes outorgar as pegatinas ou carteis recoñecedores de restaurante recomendados do Cocido nos que queda contrastado o compromiso de calidade”.

Por outra parte, o patrocinio do viño do Cocido corresponderá, por segundo ano, á Denominación de Orixe Monterrei.

Comparte...