O cocido e a lamprea, estrelas da tempada no Grupo Hotel Scala

O cocido e a lamprea, estrelas da tempada no Grupo Hotel Scala

O cocido galego será o gran protagonista, durante o entroido, da cociña do Restaurante Hotel Scala de Padrón, que pon en marcha desde este sábado e ata o próximo 5 de marzo as súas xa tradicionais Xornadas do Cocido.

Os comensais poderán degustar, nun menú especial de dous pratos, adega e sobremesa; o típico cocido galego e outras receitas máis innovadoras, elaboradas en base aos mellores produtos deste prato tradicional: Pastel de cocido con salsa de grelos, Tosta de Rixones con queixo de Arzúa, Croquetas de cocido, Carpaccio de lacón con chourizo, Cocido e Brick de cocido con crema de chourizo.

Pero ademais do cocido, a lamprea será outro dos produtos estrela da tempada. O Asador O’ Pazo ofrecerá na súa carta, ata Semana Santa, diferentes e innovadores pratos con este peixe como protagonista: Croqueta cremosa de lamprea, Canelón recheo, Lamprea á bordelesa, Lamprea á primavera e Lamprea con bacon caramelizado, xema de ovo e plátano.

Tamén se servirá este prato no Restaurante Hotel Scala, que participará nas Xornadas “Padrón Sabor a Lamprea” organizadas polo Concello de Padrón os fins de semana do 10 e 17 de marzo . O menú lampreeiro estará dispoñible por 25 € por persoa e constará de dous pratos a elixir entre Capricho de lamprea, Empanada lampreeira ou Lamprea rechea e afumada con madeira de freixo para o primeiro; e Lamprea á Bordelesa ou Risotto de lamprea para o segundo.

Tanto para as Xornadas do Cocido como para o “Padrón Sabor a Lamprea” é necesario facer unha reserva previa no teléfono 981 811 312.

Comparte...