“La Cocina del Abalón” preséntase en Madrid Fusión

“La Cocina del Abalón” preséntase en Madrid Fusión

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acudiu á demostración de “A Cociña do Abalón”, unha das actividades de Madrid Fusión, patrocinada por Galicia Marine Aquaculture

O abalón, denominación inglesa para as orellas de mar ou “peneiras”, foi o ingrediente central desta actividade. En Galicia, a empresa Galicia Marine Aquaculture, que está situada en Muros, é a principal produtora de orellas de mar cunha produción de 20 toneladas anuais. No número 5 da revista BenBo indagamos sobre este marisco ata hai pouco descoñecido na nosa zona pero apreciado noutros lugares do mundo.

Durante o acto, que tivo lugar o pasado luns, a conselleira estivo acompañada polos cociñeiros Pepe Solla, do restaurante Casa Solla; Anxo León, do restaurante Aponiente Muíño de Mareas, e David Arauz, do 99 Sushi Bar. Estiveron presentes, ademais, o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, e o secretario xeral de Anfaco-Cecopesca, Juan Manuel Vieites.

A orella de mar tamén tivo un papel destacado no Fórum Gastronómico A Coruña 2015 da man do cociñeiro xaponés Shinya Fukumoto.

Comparte...