Xornada sobre a cociña gallega de autor como activo turístico

Xornada sobre a cociña gallega de autor como activo turístico

“A cociña galega de autor como activo turístico” é o título da xornada sobre turismo e gastronomía que organiza a Asociación de Emprendedores Galegos (Ascega) o próximo 27 de decembro na Coruña.

Os relatores serán os seguintes: Francisco Agrasar, propietario do restaurante As Garzas; Luis Veira, xerente e chef executivo do restaurante Árbore da Veira; Francisco Moar,.xerente do restaurante Casa Pena; Tito Fernández, chef do restaurante Hesperia Finisterre; María Luisa Cid, concelleira de Emprego do concello da Coruña; Carmen Pita, xerente de Turgalicia; Rafael Benito, director do hotel Finisterre; Alfonso Salazar, presidente de Ascega;

A xornada é gratuíta e está dirixida a todos os públicos, pero as prazas son limitadas, polo que é necesario reservar a través do teléfono 981 658 139. Desenvolverase a partir das 10,30 horas no hotel Hesperia Finisterre.

Comparte...