O cociñeiro Alberto Lareo visita a Escola IES Hostalería Sanxillao de Lugo

O cociñeiro Alberto Lareo visita a Escola IES Hostalería Sanxillao de Lugo

O chef de Manso Restaurante en Santiago impartiu unha clase maxistral aos alumnos de cociña na Escola IES Hostalería Sanxillao en Lugo. Alberto Lareo, xa implicado noutros proxectos vinculados coa educación con, por exemplo, o Centro Superior de Hostalería de Galicia, fai así unha firme aposta pola colaboración cos futuros profesionais.

Lareo realizou para os alumnos lugueses un showcooking no que elaborou en directo varios dos seus pratos estrela, á vez que explicou a súa experiencia en primeira persoa á fronte dun negocio hostaleiro.

Comparte...