Máis cociñeiros e actividades nun Fórum Gastronómico de A Coruña que terá un Mercado do Pan, do Queixo e do Viño

Máis cociñeiros e actividades nun Fórum Gastronómico de A Coruña que terá un Mercado do Pan, do Queixo e do Viño

Fórum Gastronómico de A Coruña engadíu novidades ao seu programa de actividades e relatores. A cita, que ha de desenvolverse en ExpoCoruña do 23 ao 25 de febrero, contará con cociñerios como o basco Juan Mari Arzak; o  chocolateiro mexicano José Ramón Castillo; o galego Iván Domínguez, de O Retiro da Costiña; e Ricard Camarena.

 Outra novidade do Fórum Coruña será o Mercado do Pan e o Queixo, unha innovación que o domingo 23 e o luns 24 permitirá aos visitantes descubriren queixos e pans de calidade producidos por pequenas marcas e artesáns galegos.  Dous mercados específicos para descubrir e redescubrir sabores tradicionais, e tamén apostas salientables de dous produtos con tanto peso na gastronomía galega e española coma son o pan e o queixo. Así mesmo, celebrarase o xa consolidado Mercado do Viño, que permitirá tamén coñecer os mellores caldos de pequenas adegas galegas.

Esas novidades súmanse aos nomes xa coñecidos como Josep e Jordi Roca (El Celler de Can Roca); Ángel León (Aponiente); Jordi Cruz (Àbac); Paco Pérez (Miramar); Rodrigo de la Calle (Villa Magna e Rodrigo de la Calle Restaurante); Ricardo Sanz (Kabuki); Josean Alija (Nerua); Álvaro Garrido (Mina); Aitor Arregui (Elkano); Sergio Bastard (Casona del Judío); Marcos Morán (Casa Gerardo); Nacho Manzano; (Casa Marcial); Pedro Martino (Naguar); Alexandre Couillon (La Marine) ou David Toutain (Restaurante David Toutain).

E non esquezamos os representantes da gastronomía galega: Pepe Solla (Casa Solla); Iago Castrillon e Eva Pizarro (Acio); Javier Olleros (Culler de Pau); Lucía Freitas (A Tafona); Alén Tarrío (Pazo de Altamira); Iago Pazos e Marcos Cerqueiro (Loxe Mareiro e Abastos 2.0); Beatriz Sotelo e Xoán Crujeiras (A Estación); e os coruñeses Eduardo Pardo (Casa Pardo); Diego Bello (Alborada); Chisco de Llano (Culuca); Fernando Agrasar (As Garzas e Pé Franco) e Luis Veira (Árbore da Veira).

Comparte...