Os cociñeiros galegos distinguidos con Soles Repsol reciben a súa chaqueta, deseñada por Juan Duyos

Os cociñeiros galegos distinguidos con Soles Repsol reciben a súa chaqueta, deseñada por Juan Duyos

Un total de 25 cociñeiros galegos recibiron este xoves en A Coruña unha chaqueta deseñada por Juan Duyos para a Guía Repsol. O acto celebrado na Fundación Luís Seoane serviu para presentar esta innovadora chaqueta,á vez que para xuntar nun só lugar a algúns dos cociñeiros con máis prestixio da nosa Comunidade.

En total recibiron esta distinción 500 restaurantes en España, dos cales 25 son de Galicia. De feito a nosa Comunidade foi a terceira de toda a xeografía nacional en recibir a entrega da chaqueta aos cociñeiros con Soles Repsol. Dous restaurantes recibiron este ano o seu primeiro Sol: “Bida” e “Tira do Playa”, ambos en A Coruña. O único que conseguiu a máxima cualificación de Tres Soles é o restaurante “Casa Solla” de Pepe Solla, situado en Pontevedra e que mantén o seu status.

No acto celebrado o pasado xoves 26 de abril na Fundación Luís Seoane, foron entregadas as novas chaquetas deseñadas xunto ao prestixioso modisto Juan Duyos. Trátase dunha peza creada con materiais reciclados e que mostra unha gran resistencia á calor. Ademais, é un tecido que non se mancha e que deixa que os líquidos escorreguen. Para a directora da Guía Repsol, María Ritter, a gran innovación desta peza son os seus materiais: “Demos cun tecido que ten unha historia moi bonita, creado a partir de algodón usado procedente de roupa reutilizada e de refugallos, de plástico, principalmente de botellas. Este novo material engarza moi ben coa filosofía de Repsol centrada na renovación da enerxía”

O deseñador Juan Duyos considera que entre a moda e a cociña hai moitas similitudes: “O proceso creativo que hai detrás da alta costura e da alta gastronomía é moi similar”. Unha aposta conxunta de Repsol e Juan Duyos por innovar na famosa chaqueta que entrega a Guía.

 

Comparte...