Mision comercial dos colleiteiros do Ribeiro á Costa Oeste de EEUU

Mision comercial dos colleiteiros do Ribeiro á Costa Oeste de EEUU

Asociación de Colleiteiros y Embotelladores do Ribeiro iniciaron recentemente unha viaxe á costa oeste de EEUU, onde mantiveron reunións con importadores e organizaron, xunto coa North American Sommelier Association, un acto en San Francisco onde houbo bastante interese por parte dos asistentes, sobre todo ao destacar o uso de uvas autóctonas.

O mercado americano é moi importante para os Colleiteiros pola demanda de viños de alta calidade, cun rango de prezo medio-alto. O presidente da asociación, Brais Iglesias, explica que detectaron ‘moito interese en bodegas pequenas, que só elaboran con uva produción propia’.

Os colleiteiros tamén aproveitaron a viaxe para visitar bodegas dos vales de Napa e Sonoma, onde estiveron en contacto con varias bodegas e puideron coñecer de primeira man a elaboración de viños americanos.

Nesta misión comercial, financiada por fondos FEDER e do IGAPE, participaron 7 colleiteiros: Eduardo Peña, Adegas Valdavia,  Eloi Lorenzo, Quinta do Rebolo, Lagar do Merens, Sameiras e Val de Souto.

A próxima misión comercial,  despois de asistir ás feiras de Vinis Terrae e FENAVIN, será a mediados de maio en Bogotá (Colombia).

Comparte...