“Cómete un libro” en Casa Román a beneficio da asociación contra o cancro

“Cómete un libro” en Casa Román a beneficio da asociación contra o cancro

“Cómete un libro” é o título das xornadas gastronómicas que terán lugar en casa Román (Pontevedra) entre o 11 e o 15 de febreiro, a beneficio da Asociación Española contra o Cancro e nas que se degustarán receitas do libro “Os sabores azuis das Rías”, do que é autor Alfonso Díaz, e que foi galardoado como mellor libro de peixe de España nos premios Gourmad 2012.

O menú das xornadas ofrece crema de centola con pergamiño de cigala, angulas mentireiras de Ons, “posiblemente a mellor fritura de luras do mundo”, peixe branco adobado, “persebes fritos”, pixota de Marín, guiso aos catro portos da ría, xurelo recheo de centola de Bueu e redución de tintafemia e filloas da casa.

O prezo será de 37 euros, ive, bebidas e un exemplar do libro incluídos. O teléfono para reservas é o 986 843 560. Colaboran Casa Román, aceite Aires de Jaén e as confrarías de pescadores de Marín e de Portonovo.

Comete un libro

Comparte...