Comeza a V edición de Melide de Tapas

Comeza a V edición de Melide de Tapas

Dende hoxe e ata o 28 de xuño xa podemos gozar de Melide de Tapas, nunha edición na que o queixo con denominación de orixe Arzúa-Ulloa terá un protagonismo especial. Este primeiro fin de semana serán os bares da parte nova da cidade os que ofrezan as súas creacións culinarias, sumándose o resto de locais, situados na zona de viños, a partir do día 20. O horario para probar as tapas, que este ano terán un prezo único de 1 €, será os venres de 20 a 23 horas e os sábados de 13 a 15 horas e no mesmo horario nocturno.

Este circuíto, organizado por Asetem-Cca, elixirá mediante os votos dun xurado e do público os aperitivos gañadores en 2 categorías: Mellor Tapa e Tapa innovadora. Tamén se outorgará un premio especial ao establecemento que mellor integre o queixo de Arzúa na súa proposta. Ademais de degustar a gastronomía local, os participantes poderán entrar en varios sorteos de produtos e unha noite no Pazo de Eidián (Agolada).

Comparte...