Nace Compostela Destino 5 Estrelas para fomentar a desestacionalización turística

Nace Compostela Destino 5 Estrelas para fomentar a desestacionalización turística

O proxecto Compostela Destino 5 Estrelas persegue a promoción e desestacionalización turística de Santiago de Compostela durante a primeira quincena de xullo

A idea foi promovida pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Asociación de Hostalería de Compostela, e impulsada polo Clúster Turismo de Galicia (CTG).

A promoción, que se desenvolverá entre o 1 e o 17 de xullo, concrétase nun pack turístico comercializado directamente polos establecementos hostaleiros a través da páxina web de Hostalería Compostela. Preténdese así incentivar as reservas e estancias nun momento de baixa ocupación, como é a primeira quincena de xullo.

O pack turístico comprende:

  • Estancia de 2 noites en réxime de aloxamento e almorzo (AD)
  • Visita guiada pola cidade
  • Torta de Santiago
  • Fotografía
  • Visita á Cidade da Cultura de Galicia
  • Percorrido no tren turístico
  • Do 8 ao 17 de xullo, Renfe ofrecerá un 35% de desconto nos trens con chegada a Santiago

A promoción do proxecto Compostela Destino 5 Estrelas comeza o venres, 15 de xuño, cunha viaxe promocional de prescriptores pertencentes a diferentes sectores como o turismo, viaxes, gastronomía, márketing, comunicación, etc. Este grupo de referentes na Internet e redes sociais coñecerán e difundirán, a través do hashtag #CompostelaDestino5, a oferta turística, cultural e gastronómica de Santiago de Compostela.

Comparte...