O mellor polbeiro galego coñecerase no San Froilán

O mellor polbeiro galego coñecerase no San Froilán

O Concello de Lugo convoca o terceiro Concurso de Polbeiras e Polbeiros San Froilán 2016

Esta cita, que se celebrará o 6 de octubre, ten como obxectivo incentivar e premiar os coñecementos e habilidades dos polbeiros profesionais do ámbito de Galicia en materia de elaboración e servizo do popular poblo á feira

A data límite para a inscrición de participantes do certame, que se celebrará no Mercado Municipal de Abastos de Lugo, na rúa Quiroga Ballesteros, é o día 23 de setembro.

O gañador do concurso levará un premio de 1.000 euros, mentres que o segundo premio recibirá un aloxamento dunha nota para dúas persoas no Balneario de Lugo. Ademais, todos los participantes levarán un lote de produtos do Mercado Municipal e un diploma acreditativo.

O acto de entrega de remios levarase a cabo no momento no que o xurado faga público o seu veredicto. Terá lugar no propio Mercado Municipal de Abastos o mesmo día do concurso ás 20.00 horas.

Unha vez finalizado o certame, haberá unha degustación. Para participar, será necesario retirar previamente o ticket por importe de 1 euros no propio mercado ese mesmo día entre as 17.00 e as 19.30 horas. Ás 20.30 horas dará comezo a degustación.

Para participar é necesario enviar o cartón de inscripción que se encontra ao final das bases do concurso ó enderezo electrónico cultura@concellodelugo.org ou por fax -982 297 106-.

Comparte...