O concurso de receitas “Cociña con Castaña de Galicia” xa ten gañadores

O concurso de receitas “Cociña con Castaña de Galicia” xa ten gañadores

O III concurso de receitas “Cociña con Castaña de Galicia” organizado pola IXP Castaña de Galicia xa ten gañadores, despois dunha xornada que tivo lugar na Aula de Cociña Porto Muiñosen Cambre.

Nas receitas doces o gañador é: Miguel Iglesias Armada con Doce outono; e nas receitas salgadas, a gañadora é Vanesa Vera Avola con Raxo en tempura con fideos de castaña e galletas crocantes de allo.

Palmira Orella-Michel foi finalista en receitas salgadas por Tortiñas triple castaña cansalda, romeiro e mel; e o posto de finalista en receitas doces foi para Carlos Fariña Pouso cunha Bavarois de castaña e viño rancio, cremoso de chocolate negro e salsa de albaricoque.

Por xentileza da IXP Castaña de Galicia, en BenBo avanzamos as distintas receitas.

Castaña-de-galicia-receitas-gañadoras

Comparte...