Concurso de receitas para o libro de receitas de Pereira, entre hosteleiros

Concurso de receitas para o libro de receitas de Pereira, entre hosteleiros

Pereira, firma de produtos do mar, ofrece premios en metálico ás tres receitas máis destacadas neste concurso destinado ao seu libro de receitas

Pereira Productos del Mar  pon a marcha o seu concurso de receitas “Las mejores recetas de nuestros restaurantes” entre os seus clientes de hostalería, co obxectivo de seleccionaren as que entrarán no recetario do Grupo, que este Nadal chegará á súa edición número 11.

Entre todas as receitas recibidas, preseleccionaranse un total de 20 e os seus autores serán convocados para unha final que se celebrará en Vigo o luns 14 de noviembre. Na final, os cociñeiros cociñarán a receita e a presentarán ante un xurado de expertos que seleccionará as 10 receitas finalistas, as 10 que entrarán no libro.

As tres mellores conseguirán cartos en metálico: o primeiro clasificado recibirá 1.000 euros; o segundo clasificado, 750 euros; e o terceiro clasificado recibirá 500 euros.

Todos os clientes de hostalaría de Pereira poden participar neste concurso “Las mejores recetas de nuestros restaurantes” enviando a súa receita xunto co formulario de participación ao correo electrónico recetario@grupopereira.com antes do 31 de outubro.

No portal web da firma de produtos do mar pódense descargar as bases e mailo formulario de participación.

Comparte...