Mini Burguer KM0, “Mellor tapa” no concurso de tapas Saborea Ourense

Mini Burguer KM0, “Mellor tapa” no concurso de tapas Saborea Ourense

A tapa premiada é unha mini hamburguesa completa, gratinada con queixo azul e bañada con salsa grellada

O concurso de tapas Saborea Ourense, que se celebrou desde o 16 ao 26 de xuño, xa ten gañador na categoría de “Mellor Tapa”. Trátase da Mini Burguer KM0 de KM0 Bocatería, que foi a preferida polos consumidores neste concurso de tapas auspiciado por Mahou. O establecemento está situado na ourensá Praza das Mercedes, 12.

En segunda posición quedou Catador Restaurante, coa súa tapa Enfrascado; e o terceiro posto foi para Merys Café Bar, con Lacón 5 Estrellas.

A “Ruta de la Tapa” é unha acción organizada pola cervexeira Mahou en colaboración coa Federación Española de Hostalería coa que “se pretende potenciar a gastronomía, un aspecto básico en Galicia, involucrándose coa hostalería local, complementando a súa oferta e achegando valor en termos de calidade, experiencia e notoriedade”

Comparte...