Fotografía de Iván Nespereira

O concurso de polbeiras do Fórum Gastronómico abre o seu período de inscripciones

O Concurso de polbeiras e polbeiros do Fórum Gastronómico vivirá na Coruña a súa cuarta edición o domingo 23 de febreiro.

Serán 8 os participantes neste certame, que se escollerán por rigorosa orde de inscrición. Todos eles deberán preparar o polbo simultáneamente, nun acto no auditorio aberto ao público do Forum Coruña, que se celebrará en Expo Coruña.

O xurado puntuará criterios como o sabor do polbo, a textura e o punto de cocción, o aliño e o corte e presentación. Os premios serán de 1.000, 400 e 200 euros para os 3 máis destacados, ademais de diploma.

No Fórum Gastronómico 2012, Palmira Acuña, do restaurante Casa Acuña (Ons) foi a gañadora. Aurora Baranda (O Carballiño) e Carmen Eyo (A Estrada) impuxéronse en 2008 e 2010.

O prazo para inscribirse no concurso de polbeiras do Fórum Gastronómico remata o 7 de febreiro.

Regulamento Concurso de Polbeiras do Fórum Gastronómico

Comparte...