O concurso Santiago(é)Tapas aposta pola excelencia na súa oferta gastronómica

O concurso Santiago(é)Tapas aposta pola excelencia na súa oferta gastronómica

A sétima edición do concurso de tapas de Compostela, O Santiago(é)Tapas reunirá a 69 locais e 111 tapas a concurso entre o venres 14 e o domingo 30 de novembro e aspira a dinamizar a hostalaría compostelá e manter o seu nivel de excelencia

No portal web  do concurso pódense ver as distintas tapas e receitas, así como outros datos de interese.

Os clientes decidirán que tapas son as súas favoritas votando nas urnas situadas nos distintos establecementos participantes e poderán aspirar a distintos premios selando o seu tapasporte, a guía do concurso.

As tapas terán un prezo común de 2 euros e haberá algunhas especialmente preparadas para que os celíacos tamén poidan gozar delas. Os que se atopen de paso pola capital de Galicia teñen a opción do Tapasporte Express a versión intensiva e reducida do tapasporte.

O xurado do Santiago(é)Tapas determinará a gañadora do premio á Mellor Tapa; os dous premiados na categoría de Tapa Tradicional; os dous premiados en Tapa Creativa; e o premio especial á tapa que mellor maride coas cervexas 1906 de Estrela Galicia.

Pola súa banda, o público determinará os dous premiados na categoría de Tapa do Público; o premio (É)xcelente 2014 ao mellor servizo e experiencia global; e o premio á “Tapa con máis chispa”,

A Denominación de Orixe Ribeiro presenta 6 viños de 6 adegas no Santiago é Tapas e os clientes poderán tomar o seu petisco cun deses Ribeiros a prezo conxunto especial de 4 euros.

Os Ribeiros que toman parte desta promoción especial son: Pousadoiro (Fernández Rodríguez, S.C.), Casal de Armán branco (Casal de Armán, S.L.), Beade Primacía (A Portela, S.A.T.), Alberte (Bodegas Nairoa, S.L.), Valdepuga (Valdepuga, S.L.) e Terra do Castelo Treixadura (San Roque, S.C.G.). Ademais, haberá 25 entradas individuais de balde para o Concerto Enoacústico Solidario Pablo Carbonell & Ribeiro do 6 de decembro; serán para eles que acrediten ter consumido petiscos con Ribeiro de 20 establecementos, selando na sección correspondente do seu tapasporte.

Nas redes sociais twitter@santiagoetapasfacebook.com/santiagoetapas os petiscadores no Santiago(é)Tapas poden entrar en promocións especiais. Así, xa poden apuntarse no sorteo de prazas para entrar no xurado que determinará os premios das distintas categorías.

Durante a celebración do concurso, Turkish Airlines premiará a interacción, con 2 viaxes individuais de ida e volta a Turquía entre aqueles que se retraten petiscando xunto ao seu tapasporte e deixen constancia no twitter, co hashtag  #turkishsantiagoetapas ou no facebook, publicando a foto na conta do concurso facebook.com/santiagoetapas .  Un xurado determinará as 2 mellores fotografías.

 Establecementos participantes

A (é)tapa Praza do Obradoiro conta con: 25 de julio, A Curtidoria, AC Palacio del Carmen, Central, Coruña, Cre-Cottê, Kunsthalle, Los Caracoles, O Celme do Caracol, Orfeón San Francisco Hotel Monumento, Rúa Villar, San Jaime  e San Xoán.

 A (é)tapa Praza de Cervantes reúne a: A Cocotte, Bicoca, Caldeirería 26, Cervantes, Garum, Hervor & Fervor, La Bodeguilla de San Roque, La Flor, Medusa, Milonga´s, O Piorno, O Tragaluz, Resas e Tafona.

Na (é)tapa Praza de Galicia pódese atopar a: Antollos, Bodegón de Xulio, Caney by Siro González, D’ Ancares, El Bocalino,  La Catedral, Negreira ‘O Patata’, O Boteco, O París, Parrillada Argentina, Porta Faxeira, Reno e Venecia.

A (é)tapa Praza Roxa suma a: Adgelo, Albarella, Artesana, Castelao, Entre Pipos, La Bodeguilla de Santa Marta, La Cavita, La Industrial, Manso, O Ferro, Rincón de Gurpegui, Singulario, Tosta e Tostiña, Tryp Santiago e Vivacce.

Por último, na (é)tapa Camiño Francés están: A Casa da Viña, A Grella, A Moa, Casal do Cabildo, La Barrika, La Bodeguilla de San Lázaro, La Casa de la Marquesa, O Afiador, O Catro, Oca Puerta del Camino, Pedra Santa, Porta do Camiño, Quercus IP e Susos.

Santiago(é)Noite, o complemento nocturno del Santiago(é)Tapas

Son 12 os locais que participan no Santiago(é)Noite, a oferta da hostalaría nocturna compostelá, tanto da zona nova como vella, que ofrecerá creacións exclusivos a un prezo único de 3,5 euros a aqueles clientes que amosen o seu tapasporte.

O Santiago(é)Noite 2014 confórmano: Atlántico, Bicoca, Bolengo, El 10, Caldeirería 26, Fórum, La Flor, Medusa, O Boneco, SCQ Bar, Sónar e Zum Zum – La Cava de Saint James.

Comparte...