Novas conservas de lacón con grelos e cocido galego de Embutidos Lalinense

Novas conservas de lacón con grelos e cocido galego de Embutidos Lalinense

Embutidos Lalinense  conta con dous novos produtos: lacón con grelos e cocido galego en conserva.

Dende a firma incídese na atención prestada á presentación (imaxe e comodidade para o cliente), así como na calidade das súas materias primas.

O cocido galego preséntase nunha lata de 1,8 quilos que inclúe lacón, grelos, patacas, orella de porco, touciño entrefebrado de porco, garavanzos, chourizo extra, caldo natural e aceite de oliva virxe extra.

A conserva de lacón con grelos contén lacón, grelos, patacas, garavanzos, chourizo extra e caldo natural. Conta con dúas presentacións no mercado, 1 quilo e 440 gramos.

As conservas de Embutidos Lalinense recibiron o Premio innovación Forum Gastronómico Santiago 2012 e o primeiro premio- Dagda da Gala de Turismo e a Gastronomía de Galicia 2013 na categoría “Bocado do ano”.

Comparte...