Convocatoria para os concursos das catas de viños e augardentes e licores da Consellería do Medio Rural e do Mar

Convocatoria para os concursos das catas de viños e augardentes e licores da Consellería do Medio Rural e do Mar

A Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta vén de anunciar, a través do Diario Oficial de Galicia (DOG),  a convocatoria dos concursos correspondentes á XXV Cata dos viños de Galicia, á XV Cata das augardentes de Galicia e á II Cata dos licores de herbas e de café de Galicia e das augardentes de Galicia envellecidas.

Os concursos que valoran os viños e as augardentes e licores galegos terán lugar en xuño; o prazo para a presentación de solicitudes é de 7 días dende o día seguinte á súa publicación.

As solicitudes para participaren deben presentarse no consello regulador correspondente. No caso dos Viños da Terra, deben entregarse na Subdirección Xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes.

As persoas interesadas en participar poderán atopar toda a información na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Bases_xxv_cata_dos_vinos_2013

Comparte...