El Corte Inglés premia a mellor tarta de Santiago artesana

El Corte Inglés premia a mellor tarta de Santiago artesana

O Corte Inglés de Santiago celebrou o pasado martes 19 o seu concurso de repostería ‘A Torta de Santiago’, que nace co propósito de poñer en valor o postre máis característico da cidade como opción de sobremesa nas celebracións do Nadal. Os participantes presentaron persoalmente as tortas elaboradas no Salón de Ámbito Cultural, para así proceder a se degustación e valoración polo xurado. As bases do concurso requiriron que só se presentase unha soa torta, elaborada de forma artesanal.

O Xurado estivo formado por grandes coñecedores da gastronomía da cidade. Compúxoo Ramiro Esparís, Director da Escola de Hostalería Lamas de Abade, CIFP Compostela; Alberto Lareo, Propietario do Restaurante Manso; Miguel Vila, Director da Revista BENBO e Alberto Santos, Responsable de Cociña – Hostalería, O Corte Inglés de Santiago. Estes procederon á cualificación das sobremesas tendo en conta criterios como a presentación da torta, coa súa tan característica cruz espolvoreada con azucre glas, e o sabor, que destaca polo seu gusto almendrado e esponjoso, sen chegar a estar seca.

No concurso participaron máis de 20 tortas, as cales valoraron individualmente para seleccionar aos gañadores dos tres premios. O gañador do primeiro premio foi dotado dunha tarxeta regalo de 150€, e o segundo dunha tarxeta regalo de 75€. Ademais, entre todos os participantes non premiados, sorteouse unha tarxeta regalo de 50€.

A gañadora do primeiro posto, dotado dun cartón de 150€, foi a torta de Belén Aldariz Carbia, de Vedra e o segundo premio, dotado cun cartón regalo de 75€, a Sandra Maneiro Ventoso de Noia. A agraciada no sorteo dun cartón regalo de 50€, realizado entre todos os participantes non premiados, foi María Queiruga González, de Porto do Son. Tras a repartición de premios, os participantes puideron degustar as tortas de Santiago concursantes.

Comparte...