Cortes de Muar, única queixería galega en Cheese 2013

Cortes de Muar, única queixería galega en Cheese 2013

Cortes de Muar, participa estes días na feira CHEESE 2013 en Bra (Italia), a máis importante feira do sector queixeiro en Europa en compañía de La Cabezuela, Finca Pascualete e Artequeso. Será a única queixería galega nesta mostra mundial onde só exporán outras oito queixerías españolas de corte artesán. A feira finaliza o vindeiro luns 23.

En Cheese 2013 participan máis de 300 queixeiros de 20 países, algúns sorprendentes como os africanos de Burkina Faso, Kenia ou Etiopía e outros mesmo en perigo de extinción. Cortes de Muar presentará levarán as súas clásicas “raíñas”: Marela, Marquesa, Mimosa ou Morena.

A feira CHEESE 2013 está promovida polo movemento SLOW FOOD. Neste marco preséntase “Salva un queixo”, iniciativa que consiste en rescatar un queixo en perigo de desaparición e ver se é merecedor de entrar no ?Arca do gusto?, unha forma de salvagardar o patrimonio cultural e gastronómico que corre risco de desvanecerse.

Comparte...