COMPRAS CON SABOR GALEGO, NA CORUÑA

COMPRAS CON SABOR GALEGO, NA CORUÑA

O Consorcio de Turismo da Coruña, editou “Compras con sabor galego” un folleto destinado tanto a turistas como cruceiristas. Neste novo material promocional, inclúense establecementos situados nas zonas visitadas polos turistas na cidade herculina, dende a Praza de Vigo á Praza de España e Cidade Vella, na que se poden comprar produtos típicos galegos. Así, o folleto inclúe, tanto os mercados municipais coma panaderías e fornos, ultramarinos, xamonerías, confeitarías, café boutiques, tendas gourmet e establecementos de produtos ecolóxicos e embutidos.

Preténdese promover a gastronomía coruñesa e fomentar a compra de produtos galegos no comercio coruñés e mercados municipais.

Nesta primeira tirada, editáronse 7.500 folletos, en castelán, inglés e galego, que se repartirán nas oficinas de información turística de María Pita e da Torre de Hércules, así como no centro de atención de cruceiristas situada na terminal de cruceiros.

Este folleto, que inclúe un mapa coa situación e os produtos que ofrece cada establecemento, pretende dar resposta dunha forma máis ordenada e clara a unha demanda habitual do turista que visita A Coruña: comprar produtos galegos como “lembranza gastronómica” tanto para autoconsumo coma para regalo.

Comparte...