O CRDO Monterrei abre as súas portas aos futuros profesionais do sector

O CRDO Monterrei abre as súas portas aos futuros profesionais do sector

Foto: visita de alumnos á D.O. Monterrei

O C.R.D.O. Monterrei recibiu onte a visita dun grupo de profesores e alumnos do ciclo superior de vitivinicultura da Fundación Belarmino Fernández Iglesias de Rosende (Sober-Lugo). A actividade buscaba achegar o territorio no que se elaboran os viños de Monterrei aos futuros profesionais do sector. Ademais de poder ver en primeira persoa as terras que comprenden a denominación de orixe e recibir o saúdo da presidenta do consello Regulador, Lara Dá Silva, os estudantes desprazáronse á adega Gargalo e o Museo Claustro Mercedario de Verín.  Alí tiveron a oportunidade de facer un percorrido guiado pola historia e tradición vitivinícola en Monterrei, ademais de descubrir as características ampelográficas das variedades preferentes e autorizadas, tanto en uva branca como en tinta, na denominación.

Esta visita enmárcase nun programa de actividades con centros formativos de Galicia no que tamén participou o CIFP Compostela de Santiago de Compostela.

Comparte...