O CRDO Rías Baixas organizou máis de 125 actividades promocionais o pasado ano

O CRDO Rías Baixas organizou máis de 125 actividades promocionais o pasado ano

As 125 actividades realizadas en 2017 tiveron alcance nacional e internacional e chegaron a máis de 7.400 profesionais

Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas fixo un balance moi positivo do resultado de súas actividades de promoción de seus viños así como da súa presencia mediática, durante o pasado ano 2017.

As 125 actividades promocionais organizadas polo Consello Regulador en 2017 chegaron a 7.447 profesionais do sector. Nelas participaron 275 marcas diferentes, pertencentes a 96 bodegas desta denominación.

O mercado nacional sumou 2.600 asistentes, repartidos en salóns do viño, presentacións e túneles do viño levados a cabo en cidades como Barcelona, Gijón, Girona, Palma de Mallorca, Vigo ou Cambados.

Pola súa parte, os asistentes ás actividades internacionais foron 4.887. Dos cales 2.450 en feiras internacionais, 535 participantes en showrooms en Leeds, Gante e México e, 1.804 profesionais que acudiron ás catas e seminarios en Alemania, Estados Unidos, Irlanda, México e Reino Unido, entre outros.

Finalmente, un total de 88 sumilleres, xornalistas especializados en viños ou lifestyle, educadores de vino, distribuidores e importadores visitaron a Denominación de Orixe Rías Baixas nas catorce misións inversas que se organizaron durante o pasado ano.

Comunicación

Asemade, esta Denominación situouse como a cuarta denominación de orixe vinícola española con maior presencia informativa en 2017, segundo un reciente informe elaborado pola consultora Castro Galiana.

Este estudo apunta que a presencia da D.O. Rías Baixas, súas bodegas e marcas na prensa de 2017 foi próxima ao 7%, incrementando as súas aparicións nun 1% e superando á Denominación de Jerez.

As noticias relativas ao Consello Regulador, ás bodegas e ás marcas de Rías Baixas representaron o 7% do conxunto de informacións sobre viños con denominación de orixe de España.

Comparte...