GC&FF 2017, con el Estrella Michelín,
Iván Domínguez, presentando los productos de PescadeRías en el Instituto
Cervantes de Nueva York

Arranca a cuarta edición do Galician Cinema & Food Festival

FOTO: GC&FF 2017, co Estrella Michelín Iván Domínguez, presentando os produtos de PescadeRías. Instituto Cervantes de Nova York

O 28 de xuño é a data elixida polos organizadores do Galician Cinema &Food Festival ( GC& FF) para dar inicio a “o maior evento cultural e de promoción de Galicia en Estados Unidos”, como así o certifica a Oficina de Turismo de España en USA. Manhatan, Nova York, será o escenario escollido para un amplo programa de actividades en diferentes espazos da cidade, que pretenden achegar á Gran Mazá as tendencias culinarias e o cinema con selo “made in Galicia” a unha das poboacións máis esixentes do mundo. Nesta edición súmase a entrega do premio “Galegos con Estrela” ás actividades habituais, unha homenaxe á traxectoria de emigrantes galegos asentados no país. Este ano o galardón será para o ourensán Miguel Saco, escultor e restaurador de mobles, que chegou a ter clientes da talla do artista Andy Warhol.

Gastronomía

GC& FF arrancará cun showcooking para distribuidores e prensa gastronómica nas instalacións de Cosentino e contará coa presenza da Consellería do Mar, os patrocinadores Estrella Galicia e Aceites Abril, e o café ecolóxico de Cafés Candelas. Ao día seguinte, no mesmo marco, terá lugar unha cata de viños coas 5 denominacións de orixe galegas e contará coa presenza do catador Jesús Gutiérrez, Nariz de Ouro 2007, no apartado dedicado ao grupo adegueiro HGA. Pola súa banda Fran Novas e Rogelio García, chefs corporativos do restaurante de comida galega Tomiño, situado en Soho, serán os encargados de elaborar o menú con produtos de PescadeRías, traídos desde Galicia especialmente para este evento, que se servirá no acto de clausura o día 2 de xullo no Instituto Cervantes.

Cinema

Nesta cuarta edición do evento Dhogs, ópera prima do lucense Andrés Goteira, será a película que protagonizará a sección cinematográfica. Este longo é o máis galardoado da historia dos premios Mestre Mateo, os premios do cinema de Galicia. Será proxectada no Instituto Cervantes, situado no centro da cidade, e tamén nos centros galegos de New Xersei e de Queens, en Nova York.

Comparte...