Catro viños galegos entre os mellores brancos de España para a AEPEV

Catro viños galegos entre os mellores brancos de España para a AEPEV

A Asociación Española de Xornalistas e Escritores do Viño (AEPEV) outorgou a tres viños galegos, Albariño de Fefiñanes III Ano 2012 de Adegas Pazo de Fefiñanes (D.O. Rías Baixas) -da enóloga Cristina Mantilla colaboradora de BenBo-, Martín Códax 2014 de Adegas Martín Códax (D.O. Rías Biaxas) e Terra do Gargalo sobre lías 2012 de Adegas Gargalo (D.O. Monterrei), o galardón de mellores brancos de España Sen Barrica. En canto á categoría de Viños Brancos con Madeira consegue entrar na lista de premiados As Sortes 2013 de Adegas Rafael Palacios, da DOP. Valdeorras.

Os membros da AEPEV elixen anualmente os Mellores Viños e Espirituosos de España nunha votación de dobre volta na que participan o 80% dos seus membros e na que teñen que decidir entre máis de 640 marcas propostas na primeira fase do concurso. A Asociación Española de Xornalistas e Escritores do Viño é unha organización formada por xornalistas, comunicadores, editores e escritores do viño. Nela atópanse profesionais relevantes no sector como José Luís Murcia, Miguel Ángel Martín, Ernesto Gallud ou Carmen Fernández, compañeira redactora da revista BenBo.

Comparte...