Culler de Pau, o primeiro restaurante galego en ser seleccionado por OAD como un dos 200 mellores de Europa

Culler de Pau, o primeiro restaurante galego en ser seleccionado por OAD como un dos 200 mellores de Europa

Tras 10 anos, unha estrela Michelín e dous Soles Repsol, Culler de Pau ingresa por fin na exclusiva lista OAD (Opinionated About Dining), formando parte da selección dos 200 mellores restaurantes de Europa. Convértese, ademais, no primeiro restaurante galego en ingresar neste club.

Para o chef Javier Olleros, este recoñecemento é “emoción, orgullo e alegría a partes iguais”. E é que Javier dedicou xa 10 anos a Culler de Pau, sempre a través da elaboración “dunha cociña con sensibilidade, de raíces, creativa”. Nos seus fogóns os pratos non son só comida, son tamén unha historia, neste caso, asentada en O Grove (Pontevedra), un pequeno paraíso que sempre ten en mente.

Porén, o chef non se esquece nunca dos que o rodean e agradece este recoñecemento a todos aqueles que contribuíron ao seu éxito. Desde o seu propio equipo en Culler de Pau, ata os pequenos produtores e artesáns que fornecen o seu restaurante e mesmo aos comensais que “cada día, interésanse polas experiencias enogastronómicas que concibimos para eles”.

A guía de restaurantes europeos Opinated About Dining ( OAD) comezou o seu labor no ano 2012 e agora que Culler de Pau foi seleccionado, Javier Olleros veo como “un empuxón e unha nova oportunidade para situar O Grove no mundo e o traballo de tantas e tantas persoas que cada día fan posible que Culler de Pau sexa un soño feito realidade”.

Comparte...