Un curso de cata de viños pechará as aulas de gastronomía pedagóxica da USC

Un curso de cata de viños pechará as aulas de gastronomía pedagóxica da USC

Un curso de cata de viños tintos será o último paso das Aulas Activas de Cociña, as aulas de Gastronomía Pedagóxica que se desenvolven na Universidade de Santiago.

As clases terán lugar no comedor do Colexio de Fonseca. Ao cargo estará Carlos Ximénez de Ferrán, sumiller cunha moi longa traxectoria profesional que inclúe traballo en adegas de Alemaña e de toda España, docencia en numerosos cursos de cata e presenzas en destacados paneis de cata.

Os seis cursos postos en marcha ata o momento espertaron grande interese. Actualmente, desenvólvense un curso continuo  de cociña e outro monográfico de cociña con froitas e hortalizas. Os cociñeiros Daniel Punzoni e Jorge Carou Horta son os seus docentes principais. Xa remataron os de cociña con arroz, pasta, cociña do mar e sushi.

Esta proposta gastronómica pretende ensinar a cociñar á vez que achegar unha cultura de hábitos de consumo saudables e aumentar o coñecemento do medio e dos produtos.

Comparte...