Curso de introdución á cata e á cultura do viño en Ribadavia

Curso de introdución á cata e á cultura do viño en Ribadavia

O museo etnolóxico de Ribadavia acolle un curso de introdución á cata e á cultura do viño en Ribadavia

Este curso de introdución á cata e á cultura do viño está organizada pola UNED e dirixida por Jesús De Juana López, Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo.

Terá lugar entre o 2 e o 23 de marzo, por un precio de 50 euros.

Está pensado para que os alumnos poidan entender e apreciar moito mellor o viño. Combinará algunhas ideas teóricas con catas e dinámicas prácticas de forma que seu seguimento resulte sinxelo e ameno.

Pode asistir calquera persoa, sea aficionada ou profesional, á que lle guste o viño ou sinta curiosidade por él. Tamén persoas que traballen con viños e que non recibiran unha formación estruturada e precisen coñecer a forma axeitada de servilo ou catalo.

O curso consta de 10 horas lectivas repartidas entre os venres 2, 9, 16 e 23 de marzo de 18.30 a 21.00 horas. Hai 18 prazas dispoñibles e pode facerse a matrícula online aquí.

Nas sesións cataranse un total de 20 viños, 5 en cada sesión, principalmente das distintas Denominacións de Orixe de Galicia.

O programa

As clases impartidas por Jorge Vila Fernández, fundador e director de Galicia.wine, tratarán diferentes ámbitos como:

  • Venres, 2 de marzo
    • Os sentidos: percepción sensorial e técnica de cata.
  • Venres, 9 de marzo
    • O terroir: variedades de uva, climas e terreos.
  • Venres, 16 de marzo
    • A interpretación: os traballos no viñedo e na bodega.
  • Venres, 23 de marzo
    • O servicio do viño: almacenaxe, presentación e maridaxe.

 

Colaboran nesta iniciativa o Concello de Ribadavia, Galicia.wine, Feira do Viño de Ribeiro, Asociación de amigos do museo etnolóxico e do conxunto histórico de Ribadavia, Xunta de Galicia e, Vinos y Caminos.

Este será o comezo dunha serie de cursos formativos que teñen o obxectivo de ofrecer coñecementos neste ámbito a todos os interesados.

Comparte...