I Curso de Especialización en Barman Profesional, organizado polo Instituto Galego do Viño

I Curso de Especialización en Barman Profesional, organizado polo Instituto Galego do Viño

O Instituto Galego do Viño pon en marcha a primeira edición do Curso de Especialización en Barman Profesional dirixido por Xoán Cannas, Nariz de Ouro no 2004. Tamén formarán parte do claustro de profesores profesionais como Diego Mosquera Miramontes, Vicepresidente AGABA (Asociación Galega de Barmen), Premio Nacional de Cocteleria 2001, Copropietario do Vaová Gastro Gin Bar ou José Soto, Director de restauración do Casino da Toja, docente e precursor da coctelería en Galicia. Xunto a eles estarán algúns dos premiados en FIBAR 2014 como mellor Barman do Ano, Alberto Pizarro, ou como responsable do mellor Menú de Coctelería, Miguel Pérez, actual Director da sección de coctelería do Restaurante Columbus do Xefe de cociña Mario Sandoval.

O curso contará só con 25 prazas e desenvolverase durante 12 luns dando comezo o 2 de marzo. A formación teórica terá lugar no Edificio da Biblioteca da Cidade da Cultura, mentres que as clases prácticas se desenvolverán no Hotel OCA Porta do Camiño en Santiago de Compostela.

Xa está aberto o prazo de matrícula. Máis información na web www.institutogalegodovino.com.

Comparte...