Curso de cata do Instituto Galego do Viño e Abanca

Curso de cata do Instituto Galego do Viño e Abanca

Estes cursos de cata do Instituto Galego do Viño e Abanca abren as súas inscricións agora, porén, terán lugar a partir de outubro

O Instituto Galego do Viño e Afundación Fundación Galicia Obra Social de Abanca programan, a partires do mes de setembro, distintos cursos de cata de viño de distintos niveis, para afeccionados e profesionais.

Trátase dos “certificados en cultura do viño” en nivel básico e nivel avanzado e celebraranse ata o mes de maio de 2017, nas distintas sedes Afundación das cidades da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo e Santiago.

Nas palabras do director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas, “estes certificados son a mellor maneira de que afeccionados e profesionais poidan achegarse á cultura do viño, de forma sinxela, gozando e aprendendo ao mesmo tempo”.

As inscricións para estes cursos de cata xa están abertas en Ataquilla.com, no número de teléfono 902 504 500 e en distintas sedes da entidade.

Localidade Curso Data
Vigo Certificado en cultura do viño.

Nivel básico

Do 29 de setembro ao 27 de outubro de 2016

Do 2 ao 23 de febreiro de 2017

Do 18 de maio ao 8 de xuño de 2017

Vigo Certificado en cultura do viño.

Nivel avanzado

Do 3 ao 24 de novembro de 2016

Do 6 de abril ao 4 de maio de 2017

A Coruña Certificado en cultura do viño.

Nivel básico

Do 5 de outubro ao 2 de novembro de 2016

Do 1 ao 22 de febreiro de 2017

Do 3 ao 31 de maio de 2017

Lugo Certificado en cultura do viño.

Nivel básico

Do 8 ao 29 de novembro de 2016

Do 7 ao 28 de marzo de 2017

Ourense Certificado en cultura do viño.

Nivel básico

Do 7 ao 28 de outubro de 2016

Do 3 ao 24 de febreiro de 2017

Ferrol Certificado en cultura do viño.

Nivel básico

Do 6 ao 27 de outubro de 2016

Do 2 ao 23 de febreiro de 2017

Santiago Certificado en cultura do viño.

Nivel básico

Do 3 ao 24 de outubro de 2016

Do 6 ao 27 de febreiro de 2017

Do 8 ao 29 de maio de 2017

Santiago Certificado en cultura do viño.

Nivel avanzado

Do 7 ao 28 de novembro de 2016

Do 3 ao 24 de abril de 2017

Comparte...